sexta-feira, 7 de abril de 2017

Vivas do vendaval, da brava bruma.

Resultado de imaxes para te quiero sobre arena de la playa


  Escribes esas verbas sobre area
dentro dun corazón, para arroupalas;
ignoras que, co vento, anda a marea,
coma sempre, teimuda, en derramalas.

  Inscribes dúas almas, en cadea,
consontes en crecer encadeadas;
non sabes que arma o tempo unha candea
onde as mallas do amor son calcinadas.

  Deseñas o TE QUERO a voa pluma,
asinas con destreza ese apurado
xuramento de honor de namorado
ao socairo de ardor que brinda escuma…,

  ao abeiro da fe que se acostuma
a confiarlle ao mar o seu coidado.

  Vivas do vendaval, da brava bruma;

fendas de desamor no teu costado.

  (Rioderradeiro)

Coeur Dans Le Sable, Je T'Aime, Coeur, Sandherz, Plage

Sem comentários: